A muerte con la Vida… Blog de Jerónimo Mejías


Historias benposteñas

paco11.jpg

Me dispongo hoy a dejar mi ofrenda virtual a BENPOSTA. ¿Pero qué significa esto? se preguntarán aquellos que visiten este espacio y no pertenezca a uno de los miles de personajes que pasamos por allí, a través de sus 50 años de experiencia. Para comenzar, a éstas personas, las no ex-benposteñas, les sonará raro que delante de la “P” no vaya su correspondiente “M”… esa sería una de las tantas y tantas cosas que caracterizaron a Benposta, su desajustes con las reglas oficiales – dirían algunos-, su intención de crear un lenguaje nuevo – creeran unos pocos-, una falta de ortografia y tacto “que a veces, tiene la Vida” – pensaran muchos. En realidad no es más que la unión de Ben posta, el nombre de la finca sita en Galicia donde fue a afincarse aquel proyecto de un cura joven por los años 60. Bien puesta, sería su traducción al castellano… algo bien simple, que seguramente a aquel cura le hizo gracia y así se quedó con el apelativo para denominar su “sueño”. Sí, podríamos decir que Benposta, no fue más que un sueño, de un cura español, gallego, allá por el 1956… un sueño que quiso que otros muchos compartieran, pero el cual, no quiso compartir con nadie que no soñara como él.  Esto último no deja de ser una simple opinión, subjetiva, pero que intentaré aclarar con el transcurso de las páginas. Incluso, intentaré proponer reflexiones sobre el asunto, como por ejemplo: ¿Habría durado tantos años Benposta si en vez de ser dirigida de forma autárquica, hubiera sido coordinada por un grupo ?… ¿qué experiencias de larga duración existen de proyectos, movimientos, experiencias que hayan durado más de cincuenta años y no haya sido dirigida principalmente por un lider carismático y vital?… me gustaría que alguién contestara a estas preguntas .

Pero vayamos a Benposta, vayamos a ese territorio donde miles de niños y niñas, jóvenes y algunos adultos se formaron o deformaron según sus vivencias y posteriores comentarios. Yo sólo estuve cuatro años de mi vida allí, entré con 17 años y me fuí con 21, desde el 82 al 86… poco tiempo, pero suficiente para no olvidarlo jamás, para no querer olvidarlo jamás.

Pero para llegar allí, sigamos las palabras de los pioneros, de los auténticos protagonistas de aquel sueño…  he logrado reunir pocos documentos, pero interesantes algunos, como un texto de PACO CASTRO donde intenta exponer con datos la cronología benposteña. Este texto fue presentado para el 40 aniversario de Benposta, faltaría así la historia de los últimos años, desde los 90 hasta la fecha prácticamente… de esa época nadie ha querido manifestarse, con cierta objetividad, fue, al parecer, una época triste, aciaga, con mucho dolor , rencor, venganzas…

Debo decir que todas las fotos que acompañan los textos provienen o bien de particulares como Paco Castro, por ejemplo, también del Colectivo Aibem, y más… al final del documento insertaré los links respectivos… gracias a tod@s de antemano.

El presente documento de Paco Castro se encuentra redactado en gallego… como debía ser. Dicho documento fue escrito en un momento concreto de la historia benposteña y para una ocasión determinada, donde se rendía homenaje a Benposta, cuando todavía la venta de la misma estaba sin vislumbrar, cuando aún estaba reciente el fallecimiento de un sobrino del cura e integrante del Circo, por lo cual me he permitido, por acortar algo, suprimir la introducción que era para aquel entonces. He aquí gran parte de la historía benposteña:

761f57a552a3adc5400efabe2b4871cb.jpg

78ed301a1bcbe8182f478e6aefecfc301.jpg

En la foto superior podemos ver algunos de los muchachos que acudieron a la llamada de Benposta. En la imagen inferior una visita al Circo Los Muchachos de la reina Doña Sofía y sus hijos 

 

CORENTA ANOS DE BENPOSTA 

Xenese:

Benposta nace en Ourense, unha cidade típica de provincias, nos anos 50, cando o franquismo estaba no seu punto alxido e a cidade arrecendía ó incienso irradiado polo nacional-catolicismo, cando desde o alto de Piñor, onde está o Seminario, baixaban en fila os seminaristas uniformados de bonete, sotana e lista vermella con distintivos de graduación e cruzaban o Progreso e Capitán Eloy deica a Rabaza mentres os ourensáns os contemplaban e bicaban reverentes os anelos dos curas instructores. Nesta atmosfera (tan xenialmente reflictida por Blanco Amor) abundaban pandillas de barrio que mostraban a súa rebeldía cuspindo polo colmillo e mofandose escepticos dos disciplinados seminaristas.

Jesús Silva subia tódolos días en bicicleta a Piñor, durante o breve paso polo seminario ourensán. Era moi novo daquela pero el conseguira, a través dunha recomendación, entrar no seminario. Entrou despois de facer unha exposición de pintura co propósito de realizar a súa aportación económica á familia, inmersa, despois de morrer seu pai, nesa atmosfera solidaria que provocan os momentos difíciles, pero realmente ninguen o imaxinamos formando filas co uniforme, polo contrario, imaxinamolo reproducindo a famosa escea da pelicula “Expreso de media noite” cando o protagonista xiraba en sentido contrario ó resto. O cura tomara moi cedo a decisión e entrou en Piñor pero este foi unha antesala de Comillas. Os Silva:Os Silva eran unha familia ilustre e cultivada: Dona María, unha muller emblemática, non só por ser a nai do cura, senón polo seu compromiso que a levou a poñer todo á disposición do cura e de Benposta. José María Silva, un gran violinista de profesión aparellador que os deixaba cando, tanto el coma os seus irmáns: Pocholo, M. Clara e M. Sol, eran uns rapaces. Toda a familia, ainda que con diferentes graos, se implicou coa aventura do Suso, o irmán que estaba rematando Teoloxía na Universidade Pontificia de Comillas. O Padre Silva naceu o 25 de xaneiro de 1933, a súa infancia e adolescencia estiveron marcadas polos anos cruentos da guerra e da postguerra; é de personalidade polifacética: o mesmo toca un cadro que pinta un instrumento, pode esculpir un equlibrio ou crear un soño. Benposta é o seu soño, a súa gran creación, a obra permanetemente inacabada para que tódolos artistas do futuro, colectivamente, lle vaián dando forma e textura. 

el-cura-con-su-madre.jpg

 

”El padre Silva con su madre

 Antecedentes:

Existen antecedentes ou paralelismos con outras experiencias, podemos citar colonia Gorki de Makarenko como expresión da Pedagoxía Socialista, tamen pdemos sinalar influencias da pedagoxía antiautoritaria, da Pedagoxía Dinámica, do Optimismo Pedagóxico, Pedagoxía libertaria… pero, a parte de que Benposta non é posible encadrala en ningun destes plantexamentos, daquela a literatura revolucionaria era moi pouco coñecida en España e o Cura tivo coñecemento dela máis tarde, cando Benposta xa existia. De calquera maneira, Benposta conecta cos mellores precedentes de comunidades humanitarias, sociais e relixiosas e da literatura utópica.É obrigada a referencia á Boys Tawn de Nebraska. O Cura (contounolo moitas veces) viu de rapaz a pelicula “Forja de Hombres” que contaba esta experiencia da Cidade dos Muchachos do Padre Flanagan e quedou fondamente impresionado. Ainda que é certo que, no proceso de creación de Benposta, a obra do Padre Flanagan constituiu un referente, este foi máis motivador que ideolóxico, máis de forma que de fondo, (foi grande a decepción do Cura cando en 1973 a visita por primeira vez). O Cura, na decisión de adicar a súa vida a unha obra de gran contido humano e revolucionario, atopou sustento teórico e espiritual no seu fervor relixioso e nos estudios eclesiásticos cos Xesuitas en Comillas -(A elección de Comillas fronte ó seminario de Ourense e un feito significativo). En definitiva a súa filisofía parte do Cristianismo, interpretado sinxelamente, sen aplicar grandes principios de hermenéutica, desde a vida, desde a súa natural identificación cos debiles e oprimidos.

 

comidacura.jpg

El padre Silva con algunos de los fundadores

 

 Nacemento:

¿Como nace Benposta pois?. Desde que o Cura prendeu a chispa naquel grupo que xogaba na Alameda de Ourense cunha pelota de trapos, existiu Benposta. Mal podian pensar aqueles quince rapaces que ian a ser as primeiras pedras de tal edificio. Ainda que no primeiro achegamento ó grupo tivo unha resposta semellante á que, máis tarde fixera famosa Paquiño “Esto non cubre, ¡imonos!”, mais, a elocuencia do Cura, a mesma que fixo prender soños de heroicidades e utopías en todos nós, prendeu tamen neles. Sen embargo, o Cura, pretendía motivar e ilusionar ós rapaces, francamente convencer ó Paquiño tiña que ser todo un reto. -”Se non vos gosta esta cidade construide vós outra”- díxolles, estendéndose na descripción dunha Cidade marabillosa. Quizais o cura predicador fixo nesta ocasión o primeiro debuxo de Bemposta, pero nunca chegou a pensar que aquel grupo de 15 rapaces o ian tomar en serio, ata o punto de presentarse, máis tarde, na súa casa dispostos a facer realidade a Cidade dos Muchachos da que lles falara. As palabras dirixidas ós rapaces voltaranse en contra del en forma de esixencia implacable para levalo a un compromiso definitivo, tanto, que trocou os planos que tiña e adicou a súa vida a costruir unha Cidade, unha Nación, un Cosmos. Benposta, xa que logo, foi fundada en Ourense o día 15 de setembro de 1956, na casa de Dona María, Progreso N 55, polo, entón ainda seminarista, Padre Silva e 15 rapaces: Juan o feo (primeiro contacto), Alfonso Nieves , Anibal Freire, Norberto Tabares, Juán Xanetas, Oliveros, Luis Chaves, Antonio Chusquián, Camilo Balsa, os 2 irmáns Barril, Germán Boludo, Perita, Pepe Carranchas , (falta un), os 15 históricos do primeiro contácto máis outros que xa se incorporaran e que en realidade tamen foron fundadores.Desde a súa fundación, Benposta foi medrando en complexidade, acumulou o que cada quen foi deixando nela e a experiencia de ir resolvendo os problemas colectivamente, tanto nos momentos de euforia como nos momentos de crises. Hoxe aquí queremos recordalos todos. Despois das primeiras xuntanzas na Alameda, lugar simbólico coa moto e os 15 rapaces, pasaron por varios locais: en San Francisco, Salón de Acción Católica en Xulio Prieto, Baixos do Obispado ata chegar ó cárcere da Coroa na Barrera, xa en 1957 co cura incorporado ó grupo (o cura ordenouse o 25 de marzo de 1956). Aquí reunense, organizan clases nocturnas, teñen un casino recreativo e un club deportivo. Aquí aproban as Leis de Ciudadanía. É dificil saber cando deixaron de ser quince, quizais xa o primeiro día empezou a medrar o grupo, xa que Benposta nin entón nin nunca pediu carta de identidade ós que se acercaban, todos eran ben recibidos. Benposta, e esta quizas sexa a súa gran aportación pedagóxica, confía na forza da comunidade para educar, “O que educa é o ambiente”. Di Paulo Freire “Ninguén educa a ninguén, ninguén se educa só, os homes educanse entre sí mediatizados polo mundo”. É unha pedagoxía non dirixida. Por outro lado parte da bondade natural dos individuos. A historia de Benposta rexistra a entrada de nenos atrapados na delincuencia e escapados de reformatorios que, en moitos casos, chegaron a integrarse. En Benposta a reveldia sempre se valorou coma un cualidade positiva, o obxectivo é canalizala, cimentala nunha conciencia crítica e solidaria. 

 varios-37.jpg  

Algunos miembros del Circo Los Muchachos haciendo una de sus mofasentre ellos, el primero de la derecha, se encuentra Molina, trapecista, recientemente fallecido y al cual le brindamos su merecido homenaje 
 
 
 

A Formación Intelectual, Laboral e Sociopolítica:

O Traballo en Benposta, considerando a súa funcións social de aportación á comunidade, ten o seu máis claro precedente na pedagoxía socialista. Sistema educativo e sistema económico están interrelacionados no senso de que este non pode ser independiente sen aquel. Desde esta consideración o traballo non é embrutecedor senon que favorece a responsabilidade e a inserción na comunidade. En Benposta hai traballos puramente productivos, talleres de aprendizaxe que tamen son productivos, e os que responden unicamente á formación académica, pero, no discurso teórico, todos teñen a mesma consideración como aportación á comunidade. O Sistema Pedagóxico de Benposta foise perfeccionando con esta idea, incorporando mecanismos certamente orixinais como: O sistema de moeda que acadou, desde punto de vista teórico, perfección coa organización por Distritos, estes recibian a paga colectivamente, de maneira que a irresponsabilidade de un membro repercutía en tódos provocando, desta maneira, a responsabilidade colectiva. A formación sociopolítica baséase nesta concepción comunitaria e na práctica democrática, “A educación como práctica de libertade” de Freire. Benposta ten unha organización democrática participativa cun réxime asambleario que permite a participación directa e a libre expresión. En Benposta, ainda que non hai unha metodoloxía que marque unha orientación política concreta, existe a práctica viva que responde á mezcla de socialismo, anarquismo, comunitarismo… que forma unha cor inconfundiblemente vermella.Na práctica a realidade amosou dificultades de funcionamento do sistema, desde o punto de vista da motivación e dos elementos que pretixiaban ós ciudadanos diante da comunidade que non sempre tiñan que ver co exito académico ou co aporveitamento dos recursos que Benposta poñia ó servicio da formación, quizais isto se foi superando nos últimos anos, pero sempre existiu certo divorcio entre a vida ciudadana e a vida académica.

 

 paco10.jpg

 Grupo de Aventureros.
 Sobre la Gran Aventura se volverá a hablar, yo fuí un “aventurero”… pero para mejores referencias hay un libro publicado por Adolfo Vila Novoa (Charli) específico sobre el tema. Es el mismo Charli quién nos comenta esta foto:

Esta foto es del verano 1976. Me trae buenos recuerdos, porque algunos miembros pertenecían a mi generación de estudios y otros eran compañeros de la Gran Aventura.

Aún me acuerdo después de haber pasado treinta años de sus nombres:

(De izquierda a derecha)

Manuel López            Miembro de Benposta y del gobierno.

Función: Hacienda (supermercado, correos)

 

José Antonio Cobas   Alcalde de Benposta, Ciudadano investido, aventurero 5ª generación

 

Gallego                       Miembro de Benposta y del gobierno

                                   Función: Hacienda (banco)

 

Manuel Pereiro           Ciudadano investido, aventurero 9ª generación

                                   Función: Convivencia y Armonía

 

Agustín Noya             Miembro de Benposta

                                   Función: compras y correos

 

José María Sánchez Bustos

                                   Ciudadano investido, aventurero 5ª generación

                                   Función:

Relaciones Públicas de Benposta y del Circo de los Muchachos

 

Adolfo Vila Nóvoa (Charli)

                                   Ciudadano investido, aventurero 9ª generación

Función: Bienestar Social

 

 

 História:

 

En 1958 Benposta, que non deixa de medrar, da un novo salto, na casa de Dona María, no Progreso 55, crease a Escola de Primeira Ensinanza e a Escola Taller coas especialidades de electricidade e mecánica: ramas de torno e axuste. Benposta, cun plantexamento educativo baseado na austeridade, socialización e responsabilidade, xa comenza a súa andadura como comunidade educativa global con medios para a formación Intelectual, laboral e sociopolítica. Andadura que se inscribe nestes corenta anos cos cambios políticos e económicos ós que Benposta non puido sustraerse.Os primeiros profesores de Benposta foran formados no réxime e aplicaban metodoloxías similares, casi todos escoitamos por primeira vez a palabra democrácia en Benposta, eles tamen eran resultado da gran desculturización política.Os rapaces que chegaban a Benposta, salvo a primeira xeración que procedía da urbe ourensá, eran do medio rural e unha parte moi importante fillos de emigrantes que mantiñan ós abos como elemento de vinculación coa aldea e eran portadores dunha lingua e dunha cultura desprestixiada, que representaba todo o contrario das  aspiracións, inculcadas por pais e nais nos que se manifestaba o chamado autoodio do impaís, que diria Xavier Alcalá.

 

aula-celanova.jpg                   cura-en-la-cocina-de-celanova.jpg

Aula Celanova años 60        Cocina Celanova

 

 A década dos 60:

Nos anos 60 Benposta pobóase con alumnos da Escola Taller, aprender un oficio  constitue, en xeral, as espectativas destes rapaces que aspiraban a un traballo na España dos Planos de Desenrolo, na expansión económica que se manisfestaba, fundamentalmente, en Bilbo, Barcelona, Madrid. Benposta nesta década garante a súa permanencia, desde o punto de vista da proxección cara ó exterior, non na súa organización interna, mantendo o seu discurso ou mensaxe en estado latente, sendo iñorada. É unha década de gran expansión, desde a vocación de autonomía buscase a autofinanciación por tódolos medios, así pois, organizanse campañas para recaudar fondos: trapabocha, tómbola en Ourense, exposición de cadros do cura en Vigo, tómbola en Zaragoza, 1ª tómbola nas Ramblas de Barcelona.Como exponentes desta expansión están: o nacemento do Circo, a compra da Finca, entre outros medios, co recaudado na tómbola en Barcelona. (Ó pricipio chamabase a Finca, pero como esta finca se chamaba Benposta, máis tarde  a mesma Cidade dos Muchachos tomou este nome, considerando que lle acaía. Benposta).As primeiras construccións en Benposta foron pensadas para garantir a autofinanciación: Granxa de polos (onde agora é o taller mecánico), primeira nave industrial, Gasolineira… Organizanse campos de traballo con estudantes, alguns dirixidos por benposteños como Ricardo, Torero… para construir os primeiros pabillos destinados á residencia: Comedor, dormitorios, servicios…

 

todos eles ainda en pé para dar testemuña, ainda que cambiaran a súa función.En xeral en Benposta impuxose o provisional, Benposta soño, cidade feliz. A alma de poeta do cura sempre o levou polo carreiro do idealismo, da utópia perfecta que alonxaba da realidade. (dito en linguaxe popular, estirabase o pe máis cá manta). Organizase, sempre no intento da tapar o pé que quedaba á mosa, a 2ª tómbola en Barcelona e en Ourense.No ano 1963, O Taller Escola convirtese en centro autorizado de Oficialía Industrial. Inaugurase a gasolineira.

Nestes anos o Padre Angel,  sendo parroco en Alariz, crea e anima  ali a Cidade dos Muchachos que chega a ter cento e pico rapaces e ofrece como peculiaridade a primeira integración, ainda que non totalmente, de rapazas en Benposta. En 1964, comenza a experiencia da GRAN AVENTURA, experiencia que ainda que está históricamente vinculada a Rocas, comenzou con esta 1ª xeración dirixida polo Padre Angel en Carballeda de Cea, a dode este fora destinado como párroco.En 1965, crease a Asociación, como unha superestructura de apoio.En 1966, concesión da “Escuela Hogar”, (4 unidades), e primeiros cursos do PPO que se realizaban na cerrallería. Debuta o circo por primeira vez na Praza de Cataluña de Barcelona. Nesta mesma época crase a Residencia da Coruña, pensada para rapaces que chegaban a Benposta e que dispuñan de medios económicos.En 1967, comenzanse as edificacións escolares definitivas, no mes de setembro deste ano a Cidade dos Muchachos faise cargo de San Rosendo de Celanova mediante un convenio con Auxilio Social. Celanova ofrece á historia de Benposta unha das experiencias máis ricas, sobre todo no aspecto académico acadaronse exitos importantes que tiveron, a longo prazo, as súas repercusións positivas en Ourense. Por Celanova pasaron o Padre Trebolle, Paquiño, Piñeiro, Bueno, Amador Fiz, Padre Angel, Anxo Arrabal, María Xosé… e un grupo de profesores moi integrados na comunidade. O primeiro Teniente Alcalde foi Louzao.E 1968, construense os 2, ata agora únicos, chales. Montase a Imprenta, recurso importantisimo desde o punto de vista da utilización escolar que nunca foi utilizado dunha maneira optima. Iniciase a construcción do hotel. Declarase a Asociación como benéfico social e chega o primeiro grupo de Celanova a Ourense para continuar Oficialía Industrial. Desde o punto de vista da Proxección, producese a marcha a Mozambique de Vicente Berenguer que foi acompañado por Chispa e Jorge e chegan a Benposta Fermín e Antonio, os primeiros guineanos.

 

En 1969 producense cambios importantes, a docencia comenza a impartirse integramente en Benposta e como consecuencia a vida aquí intensificase e provoca cambios estructurais importantes, hai unha Xunta Xeral de Dirixentes e Cidadáns que leva a unha reestructuración xeral: Constituense os distritos, habilitase un local para concello. Crease o Ano de Servicios Cidadáns, como consecuencia do crecemento e a aparición de Servicios que precisaban do control dunha persoa que os atendera de maneira estable, e tamen como un intento de conseguir un compromisa máis alo do que supuña rematar a Oficialía Industrial. Neste mesmo ano o MEC declara a Benposta como obra de interese social. Poñense en marcha servicios e talleres como: Panificadora, cerámica e tricotadora.

 

 

 Chegan a Benposta un segundo grupo de guineanos, sobre 15. A década dos 70:Coinciden co debilitamento e morte do franquismo e o inicio da transición (etapa que se lle dedica un capitulo á parte), Benposta mira ó exterior incorporandose pouco a pouco a participar nos cambios que se estaban a producir. Axudan a este proceso a incorporación do Curso Preparatorio de COU, curso ponte para que os de Oficialía Industrial puderan pasar a COU, Este curso que Benposta conseguiu tan só se realizaba en dous centros en todo o Estado. Benposta sempre foi amplia en pretensións e isto ás veces daba grandes resultados. Neste curso matricularonse alguns alumnos externos que favoreceron a relación con grupos ourensáns, pero en realidade estas conexións producironse cando esta primeira xeración chegou a facer COU ó Instituto de Ourense, Alí teñen como profesor de literatura a Paco Rodíguez (actual Deputado no Congreso polo BNG), a través del e de outros como Paz (Director do Cine Clup), Tabares… interesaronse e entraron en contacto coa mocidade comprometida que militaban no gran abano de forzas políticas de entón. Nesta decada, a consecuencia das xiras americanas do circo, producese unha gran proxección de Benposta en Latinoamerica coa fundación de diversas comunidades benposteñas: Colombia, Santo Domingo… Seguramente debido as condicións sociais, as comunidades que naceron en Latinoamerica buscan unha integración no entorno que conecta neste senso coas novas misións e que sigñifica unha diferencia a respeito da Benposta nai de Ourense.Nos 70 chegan a Benposta, tanto a Celanova coma a Ourense, un grupo importante de profesores cunha gran sintonia con Benposta, foran estudantes que recolleran o espiritu do 68 e estaban comprometidos en xeral cos movementos sociais de esquerdas. En definitiva era un profesorado moito máis integrado na comunidade benposteña.

En 1970, móntase a máquina dos Quixotes e comenza tamén a zapatería-marroquinería con Touriño como profesor e artesano maior, promotor da filosofía de “Unha máquina trae a outra coma a culler trae ó seu garfo”. Marcha do circo a Madrid para actuar no Price. Producese a disvinculación do grupo de Vigo: Camilo, Villar… Á volta do circo de Madrid e nun momento de crisis e de apatía xeral, o Cura establece o estado de excepción, “Se non sabedes ser responsables non podedes ser libres, iredes coma nos colexios tradicionais, filas, uniforme…” A Xunta de Goberno en pleno convirtense en inspectores autoritarios. O Estado de Excepción durou 2 días, pois desemvocou nunha folga xeral que levou a reestructurar a representación dos Distritos e crear a Camara de Deputados da que formaban parte tódolos delegados de Distrito, estes elixian un Presidente que se convertía no representante do Pobo diante do Goberno, (o primeiro foi Sergio Firvida). A parte de todo, é o momento que recordamos como máis intenso e participativo. Despois disto producese a 1ª tourne a Europa – actuación no Gran Palais de París. Nesta época tamen comenza a chamerse “Nación de Muchachos”. máis ou menos por estas datas tamen chegan a Benposta un grupo de  5 congoleños.No ano 1971, celebranse as primeiras eleccións a Presidente. Concesión do curso de PRECOU. A consecuencia do exito da xira europea, Benposta aparece como modelo na prensa e organizanse concgresos pedagóxicos para europeos.En 1972 fundase Benposta en Bruxelas-Interbek por Michel Willo e Monique. Segunda tourne europea, Francia-Alemania.En 1973 o Circo viaxa por primeira vez a América. A primeira promoción de COU no Instituto de Ourense.En 1974 Fundación Benposta e da Escola de Circo en Tocancipá-Colombia. Grupo de Santo Domingo. Tourné Asiática e Japón, regresan co circuito pechado de TV nos caixóns do material de circo, circuito que sigñificou o primeiro estudio de TV de Benposta e unha autentica revolución na actividade escolar como recurso didáctico. Marcha de Mesié Augusto a Colombia e viaxe da primeira xeración de aventureiros de Colombia a Ourense. 2ª xeración de COU no Instituto de Ourense, parte deles do circo que xa regresaran da xira. Baixabase no autocar que conducia Cifuentes, con carta de conducir inadecuada. 1975, Un grupo numeroso de maiores que remataran COU e comenzaban a etapa universitaria, plantexan, despois de elaborar un documento, instituir canles para que persoas adultas podan manter a súa vinculación con Benposta.En 1976 o intento de buscar canles de permanencia en Benposta remata en desentendemento e producese a 1ª saida de Benposta en grupo, un grupo que manten  unha determinada identidade e que unha parte manten vida comunitaria en Madrid durante o periodo universitario. Neste ano crease a Escola de musica e coro “A Capella” de Benposta-Colombia.Concedeselle a Benposta autorización para impartir ensino de BUP e COU.En 1977 fundase a Escola de danza e música de Benposta-Colombia.En 1978 o Circo realiza a segunda xira en America e fundase Benposta en Santo Domingo, con Jaime e Finito. En 1979 Fundase Benposta en Santa Fé de Bogotá baixo a dirección de José Luis Campo Rodicio (Pequeno). Producese a segunda saida colectiva de Benposta, un  novo grupo que accede á Universidade e que tamen opta por unha solución posterior comunitaria en Santiago. Producese, o longo da tourne americana e á súa chegadaa Ourense, unha casi desintegración do espectáculo de Circo, coa marcha da maioría dos seus integrantes. Benposta e a transición política:Consideramos que a transición política en Benposta merece un capítulo própio, pola intensidade con que se viviu e polo protagonismo que Benposta tivo nos acontecimentos políticos máis importantes en Galicia.En xaneiro de 1974 producese a morte por atentado de ETA, do Almirante Carrero Blanco, claro sucesor de Franco.A morte de Carrero ten unha importancia capital. Comeza así un xiro político de enorme transcesdencia para o futuro e supón o enterramento definitivo do franquismo, aínda que queda por diante un durísimo traballo de conquistas sociais e políticas.

Ante a nova situación política, Bemposta busca un discurso propio fronte os cambios que se estaban a producir. Atopa dificultades de identificación cun partido político concreto pero non así cunha ideoloxía, a súa, claramente situada na esquerda. O ideario concreto de actuación e participación resulta difícil de elaborar. Producese certa confusión nos membros da comunidade. Paradoxa esta, pois Benposta ten práctica de vida democrática e o seu ideario político móvese nun amplo abano de conceptos e ideas, socialismo, sentido profundo de democracia, certos conceptos do marxismo e un profundo sentido do cristianismo máis radical que a aproximan a teoloxía da liberación e incluso amosa en certas formas de organización algunha proximidade co anarquismo. Todas estas fontes das que bebe, estas particularidades, convértena, na súa globalidade, nunha experiencia diferente.Moitos benposteños estabamos moi interesados en buscar esa participación na vida pública, supoño que non foi suficiente, pero producíronse feitos moi significativos polo que supuxo de aproximación a persoas e grupos da vida política e cultural daquela época e que a continuación imos relatar.No  ano 75 os membros do circo están  nunha xira por Asia. Entre decembro deste ano e principios do 76 elabórase a proposta de facer un Congreso Galego de Pedagoxía e unha Semana Informativa sobre partidos políticos. O Congreso de pedagoxía non se chega a celebrar nunca, pero o 30 de xaneiro de 1976, aprobase en Asemblea a organización desta semana informativa. Preténdese que por Bemposta pasen políticos e persoas da cultura e nos dean a súa visión dos acontecementos.O 17 de Febreiro do 76 lévase a cabo a primeira conferencia a cargo de Xosé Manuel Beiras, da que o título “Pensando Sobor de Galicia” o que realmente oculta son as iniciais PSG e o acto convertese por primeira vez no que sería a presentación pública do Partido Socialista Galego. A prensa da época recolle este acontecemento e o Goberno Civil de Ourense prohibe a continuación e desenrolo das conferencias. Neste mesmo día produciase en Ourense a primeira folga  do transporte público e de profesores non numerarios, convertendose nas primeiras manifestacións desde finais da guerra civil. A continuación do ciclo produciase de novo, o 4 de abril de 1976, un día despois de que o cura regresara de Asia, a presentación pública do CONSELLO DE FORZAS POLITICAS DE GALICIA convidados por Benposta. O acto celebrase, curiosamente, na capela de Benposta. O consello de forzas políticas estaba integrado por 5 partidos políticos de ámbito galego e da esquerda.No curso 1976–1977 condedeselle a Benposta a  autorización para impartir BUP e COU, a escola sufre un profundo cambio e dótase duns medios extraordianrios. Montanse os laboratorios (idiomas, química, física, bioloxía) e ponse a andar os estudios de TVB. Este medio é aproveitado para acercar a persoas que para nos suscitaban certo interés. Realízase un programa sobre Chile con motivo de 14 cabodano do golpe Militar.Faise un programa especial no 17 de maio día das letras a galegas, coa participación de eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro, Antón Tovar, Celso Montero e o pintor Xaime Quesada.Eduardo Blanco Amor realiza un guión para TVB sobre o seu libro “Os Biosbardos”, do que tan só se chegou a grabar un capitulo.Realízase un programna semanal sobre comentarios politicos a cargo de Celso Montero.Programase de acordo co Museo do Pobo Galego, unha serie de documentais de caracter etnográfico, tan só se realizan dous: “A Romería de Santa Marta de Ribarteme” e un sobre “A Malla”.Aínda que estas cousas non teñen estrictamente un carácter político si que o teñen culturalmente e nese momento significou o inicio dunha andadura.

Destacaríamos tamén as reunións que o Partido Comunista de Galicia mantén en Benposta neses anos, partido daquela aínda na clandestinidade, e as intervencións do seu secretario xeral naquel momento e recen chegado do exilio, Santiago Álvarez.Houbo outras conferencias e contactos ao longo deste ano, por aquí pasou Ramón Piñeiro, o poeta e escritor Manuel María, Santiago Álvarez, Rego Nieto, o polifacetico Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo, Eduardo Blanco Amor, Lorenzo Varela, Suso Vaamonde, Xosé Ramon Barreiro, Salvador García Bodaño, Celso Emilio Ferreiro, o Cura Paco García Salve, Joaquín Ruíz Gimenez, etc …Particular e sonada foi a conferencia que o cura comunista Paco García Salve pronunciou na sala de asambleas de Benposta. García Salve era un membro moi activo do sindicato Comisións Obreiras, aínda na ilegalidade. A súa presencia provocou unha anécdota divertida: estaba nunha viaxe confidencial e policía buscabao para detelo, pois alguén comunicara a súa presencia en Ourense, e concretamente en Benposta. Así erguemonos aquela mañán cos jeep da guardia civil nas inmediacións da aduana.Nunca chegaron a entrar e a búsqueda non tivo éxito. Ás sete da tarde, alí estaba, na sala de asambleas para lanzar a sua conferencia e aquelo pouco a pouco, maís ca conferencia, convertiuse un potentísimo mitin, cheo de radicalismo e de esperanza.En outubro de 1977 organizouse un novo ciclo titulado “Prensa e Democracia”, tratábase  de que pasaran os medios de comunicación e deran os diferentes puntos de vista respeito da situación política.Conseguiuse reunir un bó número deles. José Luís Martín por “El Pais”, Alfonso Palomares pola revista “Posible”, os directores de “Andalan” e “Punto y Hora” e “Avui” do Pais Vasco, por Galicia os directores de “A Nosa Terra” e a revista “Teima”, e Ana Estani pola revista “Vindicación. Feminista”.O día 4 de decembro de 1977 prodúcese a Manifestación pola Autonomía de Galicia. Benposta decide asistir, como organización activa, ás reunións da Comisión Organizadora, integrada por diferentes partidos políticos. O día anterior á manifestación Benposta saca un comunicado na prensa, invitando a toda a mocedade de Ourense e Galicia a participar e tomar parte na manifestación e no proceso autonómico.A convocatoria é un éxito. Consíguese reunir a unhas 10.000 persoas, convertíndose na maior manifestación dende finais da guerra civil na provincia de Ourense.Outra das conferencias destacadas daquel ciclo foi a pronunciada por Joaquín Ruíz Giménez, que lanzou unha dura crítica ós tempos vividos baixo o franquismo e por outra banda a súa visión optimista e esperanzada do novo ciclo político.Outro feito que se produce, como froito desa necesidade participativa, foi a aproximación a grupos e organizacións xuvenis, entre elas E.R.GA, organización vinculada ó movimento estudiantil e universitario de clara orientación nacionalista. O encontro pretendía globalmente elaborar un programa de actuación conxunta, tan só quedou nun tímido acercamento que non chegou a afianzarse. Pero provocou que membros illados da organización tomaran máis contacto ca comunidade de Benposta e as suas subidas a participar na vida Benposteña eran frecuentes. A finais dos 80, Benposta forma parte da Plataforma Anti-OTAN, xunto a outras organizacións políticas, e participa na campaña.Como consecuencia desta actividade nacen as

Seguramente houbo máis cousas de interese neste periodo, pero a distancia de xa casi 20 anos, non permite recordar con exactitude tódolos acontecementos. Como comentario final compre sinalar que quizais faltou sentido de permanencia no desenrolo da transición, a elaboración de programas de actuación concreta, pero a nadie se lle escapa que foron anos difíciles, non exentos de confusión e temores. A década dos 80:Caracterízase pola saida dunha crise importante, diriamos que é unha etapa de restauración, por un lado marcha do grupo de dirixentes que provoca un vacío no que a Camara de Deputados ten que asumir transitoriamente as responsabilidades de goberno. Os adultos asumen a responsabilidade basicamente das industrias: Albañilería, carpintería, gasolineira…Producese de maneira definitiva a integración das mulleres en Benposta, unha parte importante asume responsabilidades nunha Xunta de Goberno coa primeira Alcaldesa. Comenza a Gran Aventura a primeira xeración mixta co grupo que viña de Santo Domingo e Marta. O Circo ten que renacer das súas cinsas e comeza unha etapa onde é doada a incorporación de novos membros, tamén aquí se produce a integración definitiva das mulleres. (En xeral acadan o estatus suficiente coma para durmir en chilotes: Información, correos, etc.).Nesta década a procedencia dos que acceden a Benposta vai sendo, cada vez máis, de extranxeiros, básicamente de latinoamericanos, mentras que de Galicia ou de España non chega casi ningún. Seguramente esto se explica, polo menos en parte, pola aplicación da Lei Xeral de Educación que garante o acceso ó ensino público.Disminue, dalgunha maneira, o nivel debido a que a idade media dos cidadáns disminue considerablemente, sen embargo producense certos replantexamentos ideolóxicos que coinciden coa entrada en Benposta dun grupo importante de adultos.A formación da, casi nova, Compañía de Circo coincide coa inauguración do poliedro.O Coro de Colombia realiza a montaxe dun Auto Sacramental que toma como referencia a morte de Oscar Romero, por coincidir co momento do seu asasinato. Isto aporta algunhas ideas á montaxe do espectáculo de Circo, un espectáculo mixto que incorpora: poesía música, teatro…Este coro disólvese . Unha parte incorpórase ó Circo e outra marcha con Manolo Martín.Créase CODINER. Invitación da Universidade Itinerante en Alemania para falar de Benposta, función que realiza Marta.En 1981, inaugurase a Cidade Feliz nas Ventas-Madrid na primeira explotación do poliedro para asentamento do circo, co espectáculo “Historia do Circo”. En Madrid está alomenos 3 anos o que supón a primeira experiencia de asentamento estable do espectáculo. Neste tempo os medios nacionais fanse certo eco e aparecen noticias e numerosos artigos en revistas funciona unha escola de circo para externos e prodúcese unha participación importante en movementos sociais: FAD, prisións, movementos de apoio a Latinoamerica,etc. Mentres tanto Benposta en Ourense pasa un periodo de certa agonía. Cando, arredor de 1984, se abandona Madrid e se volta a Ourense, moitos dos membros do Circo quédanse por aló. Móntase de novo o espectáculo e o Circo viaxa a Francia, Bélxica… Inténtase organizar unha nova xeración de Gran Aventura coa idea de marchar a Guinea.En 1982, fúndase Benposta en Villavicencio-Colombia, por Josue, Nelson, Betoven, Oscar, Bermudez e 15 rapaces da Benposta de Bogotá.

En 1983, fúndase Benposta en Managua-Nicaragua, con Carlos Eduardo, M. Esther, Camilo e Celina.En 1985, fúndase a Escola de Circo en Villavicencio. Fúndase tamén a Radio Benposta FM.100.0.1986, Fundación da primeira escola de Radio, Cine e Televisión de Galicia.1989, Fundación de Benposta na Guagira colombiana, por Nelson, Omar, Willian e Yohon e Wilson N.1989, Fundación de Benposta en Monteria-Colombia, por Luz Elena, Eliana, Rosa Estella e Sofia. Os 90 son actualidade:A década dos 90 son máis que historia actualidade, sinalar que se consolida definitivamente a Escola de Imaxe e Son e crease a primeira TV local de Ourense.1990.- Fundación de Benposta-Venezuela, por Kawachy e Patricio. Fundación da Escola de Circo en Benposta-Venezuela.1993.- Fundación de Benposta en Bolivia-Cochabamba, Centro de saude, por Carlos Arturo e M. Teresa.1995.- Fundación de Ourense Televisión Benposta, Canal 22, Primeira cadea de televisión local de Ourense. A Gran Aventura:Aventura: (Empresa de éxito dubidoso ou arriscado). Benposta é unha aventura. A palabra aventura sempre tivo un significado mítico en Benposta.A Gran Aventura plantexase coma o grado máximo de profundización espiritual e teórica de Benposta, as súas etapas están pensadas para forxar líderes no enfrentamento ás situacións de inxustiza e de sufrimento dos despoxados que a sociedade amontoa nos cárceres e nos suburbios, e tamen estando cerca dos que sofren a dor da enfermidade. Trátase, segundo a mística de Benposta de coñece-lo auténtico rostro de Deus. En Benposta cantabamos aquela canción de Atagualpa, “Que hai cosas en este mundo mas importantes que Dios, y es que nadie escupa sangre para que otros vivan mejor”. Comezou en Carballeda de Cea, co Padre Angel como director, tivo altos e baixos ó longo da historia, hoxe lévana feito 24 xeracións. O Circo (1966 / 1996)Desde a data mítica do seu debut na Praza de Cataluña en 1966, ata hoxe pasaron 30 anos.O Circo respresenta de forma concreta a creación artística máis clara de Benposta, pero, aínda que é a máis global e completa, non é a única.O Circo é a ventana ó mundo. É o fio transmisor e comunicador da Benposta total, pero non é a única expresión.Nese papel de comunicador, foi e é a seducción a través da arte para miles de persoas, a invitación máis máxica a conocer a Benposta real e a Benposta utópica.O Circo é o resultado, a consecuencia, do soño colectivo de Benposta, como tantas outras experiencias nacidas dese soño.A súa historia é particular e rica. Máis de setenta paises coñecen e coñecerón a súa existencia: España, Portugal, Francia, Suíza, Alemania, Australia, Holanda, Bélxica, Estados Unidos, Xapón, China, Perú, Ecuador, Chile, Arxentina, Panamá, Israel, Australia, Singapur, Malasia, Corea, Tailandia… sobran as palabras…

En cada país, en cada continente, independientemente do réxime político, da cultura,  o circo foi fiel ó seu discurso global e universal, aínda que ás veces, isto carreara problemas e dificultades de distinto signo no seu periplo, tan só lembrar como exemplo, os problemas na Arxentina de Videla e no Chile de Pinochet.A clave que exprica os seus atractivos é a perfecta combinación da tradición circense e a modernidade, así, ese coctel de danza, música, acrobacia, maxia, luz e mensaxe, deu nacemento a unha linguaxe propia e particular dotando ó espectáculo dunha vangarda extraordinaria. Estes códigos universais, facilmente comprensibles, foron claves do seu éxito nun lugar e outro do mundo.O Circo como proxecto de Benposta, sufriu ó longo da súa historia avatares e dificultades que non podemos negar. Os momentos críticos, de moi distinto signo, convertiron ó Circo nunha experiencia humana dificilmente esquecible para os que a viviron, pero na súa globalidade cumpriu o difícil e fráxil obxectivo de crear unha metáfora universal a través da maxia, da arte e dos soños. Como xa dixera Saint-Exupéry o autor do Principiño “solo o esencial é invisible os ollos”, por eso a maxia do “máis dificil todavía” para moitos nenos foi invisible os seus ollos, precisamente porque o espectáculo mantiña algo do esencial: a beleza.Antes de rematar, cómpre sinalar, e non de maneira menos importante outras manifestacións artísticas que naceron e se desenrrolaron ó longo destes 30 anos, nas distintas Benpostas do mundo. Así citaremos a creación en 1974 da Escola de Circo de Tocamcipá, a Escola de Música e Coro “a capela” en 1976, a Escola e Compañía de Danza en 1977 de Bemposta-Colombia. A creación en 1985 da Escola de Circo en Villavicencio-Colombia, e por último, en 1990, a creación da Escola de Circo de Bemposta–Venezuela.  A historia continua: Hai anos, e por referirme a unha anécdota de alguén entrañable para tódolos Benposteños, veu Monsieur Augusto a pasar uns días conosco a Madrid, unha tarde fun con el ó cine a ver unha sesión continua da que unha das películas era (2001 Odisea no espacio), no medio da pelicula o Monsieur púxose nervioso e preguntábame coa súa natural discrección ­‑¿me vd comprende algo?-, non me acordo se lle intentei expricar algo, do único que me acordo é de que saimos  tomar unha cervexa ata que comezou a 2ª película que era unha de aventuras da que non recordo nada. Cando saimos, de camiño para a casa, fíxome a seguinte análise da película de aventuras: -me cosa que puede pasar en la vida-. Desde logo Benposta non é algo que “pueda pasar en la vida”, é máis ben unha odisea, unha odisea na terra ainda que ás veces adasemos polas nubes. Que cada quen atope a súa  particular Itaca.    Ourense 17 de agosto de 1996     

Editar |

Escribe un comentario

Registrado como jeromejias. Salir » 

 

Anuncios

5 comentarios so far
Deja un comentario

Valoro mucho siempre la comunicación, el hecho de la creación, el mostrarse con la subjetividad que descubre el pecho. Por eso mi felicitación sincera por tus libros y por abrir esta pequeña puerta al mundo.

He entendido perfectamente que este blog es tuyo y yo no voy a crensurar lo que quieras mostrar, sin embargo creo que debo hacer algunas reflexiones sobre este texto que yo plasme en un papel aunque fué escrito con aportaciones de muchos de los que nos implicamos en organizar el famoso 40 aniversario de Benposta.Por esto y porque fué escrito con esa vocación, es un texto colectivo.

Es un texto que pretendía ser guía para un acto donde la historia fuera contada por sus protagonistas en una celebración colectiva. No sé si recordais que Pocholo con el Cura y algun otro colaborador comenzaron con un gran esperpento en el globo. De todo lo que sucedió en esa celebración yo solo recuerdo salvable este acto de recuerdo y reconocimiento entre nosotros. Para los que nos acercamos viajando desde Madrid, Santiago y otros lugares, y asistimos a muchas reuniones de preparación del evento siempre desaprovechadas y muchas veces perdidas, este acto representó el único participado.

Nuestra espectativa era encontrarnos o reencontrarnos con la gente de Benposta y, sobre todo, con la que venía de Colombia y Venezuela y ver que podiamos hacer para que Benposta se “duchara y saliera a la calle”.

Tenía que ser pues un texto condescendiente con el Cura y con la Dirección de Benposta porque se pretendía que entraran en el debate y, como en cualquier corporación existía el espíritu erizo, si se les toca cierran el círculo y apuntan los pinchos.

Cualquier historia que se escriba de Benposta tiene que ser más crítica, pero desde las circunstancias actuales es imposible hacerlo sin culpar al Cura y a Pocholo de su destrucción.

Un saludo fraternal a todas las visitas de este blog y, abusando de este espacio de comentario, mi invitación a que os impliqueis en salvar el patrimonio de tod@s.

Comentario por Paco Castro

YO TAMBIÉN ESTUVE EN ESTE SITIO EN LOS 1969 AL 1974,UN SITIO QUE NO SE OLVIDA TAN FACILMENTE,Y SOBRE TODO CON MUY GRATOS RECUERDOS,EN ESE TIEMPO,DIRIGÍA EL CONVENTO,(PADRE ANGEL) Y ME LO PASE BASTANTE BIEN.UN GRAN SALUDO A CELANOVA…..

Comentario por RATA PELUDA

hola hasta ahora me estoy enterando de lo ocurrido a benposta en españa, soy colombiana y estuve dos años en benposta colombia, y mi experiencia fue muy positiva, por lo cual estoy aterrada de todas las infamias que se dicen y la forma como se tratan….. aqui en colombia, con sus falencias como todo, las cosas marcharon siempre porque de pronto aqui tuvimos muy en claro que ese semillero debia ser cultivado y apoyado….. cuando hablan de secuestro de niños , de robos, de violaciones…. se me arruga el corazon por que aunque este es un pais subdesarrollado, aqui nunca jamas ocurrio un hecho como esos. Aunque estemos alejados de las actividades que realiza actualmente la comunidad, siempre el comcepto de nuestra benposta es muy positivo. Me da tristeza que se hable de esa manera del cura silva. Para todos los benposteños colombianos siempre sera un ser muy querido y apreciado digno de todo nuestro respeto y consideracion. Respecto de esta publicacion me parece muy linda por que me remonta a momentos muy marcados de mi vida; que se recuerdan con mucha nostalgia, me gustaria saber los nombres de las publicaciones y saber si se consiguen aca en colombia. muchas gracias maria elvira

Comentario por maria elvira sanchez s

El cura ha muerto, pero ha resucitado en espiritu, y he entendido su mensaje de paz, y lo hago mio. Yo soy un centauro arlequín y no pienso detenerme aunque mi verdadero padre ha fallecido. Yo soy la revolución, soy la ilusion del cura, el niño rey, lo más grande y elevado de la piramide y el más pequeño de mis hermanos.
Gracias cura por dejarme aprender de tú durisima sabiduria, aunque he han costado muchas lagrimas.
Brian II

Comentario por brian II

Hola yo tambien fui alumnno de bemposta y de la.escuela de circo. yo llegarie a bemposta por el año 74 hasta el 83 en mi epoca fuy el alcalde de la aldea infantil y del pueblo.joven. leyendo vuestrobarticulo me lleno de recuerdos y de emociones que casi y seguro por la erad ya tenia olvidadas. solo me gustaria mandar un abrazo a todos aquellos compañeros de tan linda aventura. y mandar un abrazo simbolico para los que ya no estan a nuestro lado y que con el tiempo nos fueron dejando pata fundar una bemposta en el cielo en especial el cura. no te olvido y novme olvides. besos. Villar segundo.

Comentario por fernando villar




Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s



A %d blogueros les gusta esto: